-
- Será a primeira vez que a exposición “Fuera de Escena”, do porriñés Rubén de Marina se exhiba en Galicia, despois de pasar por Matadero de Madrid.
Mes: Agosto 2020
CANS TERÁ UNHA VERSIÓN EXPANDIDA EN SALAS DE CINE DE TODA GALICIA E UNHA VERSIÓN EN LIÑA
- O Festival porá en marcha unha fórmula innovadora, para distribuir as curtas a concurso en paralelo en salas de cine e cunha versión en liña, a través de acordos coa FECIGA, co CGAI e con Vimeo. Continúe lendo CANS TERÁ UNHA VERSIÓN EXPANDIDA EN SALAS DE CINE DE TODA GALICIA E UNHA VERSIÓN EN LIÑA
CANS ACOLLERÁ ESTE ANO A ESTREA DE 15 OBRAS E TERÁ DÚAS NOVAS SECCIÓNS NUN CERTAME MARCADO POLA EDICIÓN LIMITADA
- O certame terá como novidades a sección competitiva “Novas Camadas”, adicada a cineastas debutantes, e “Directrices”, que acollerá as obras de actrices e actores que deron o paso para dirixir. Continúe lendo CANS ACOLLERÁ ESTE ANO A ESTREA DE 15 OBRAS E TERÁ DÚAS NOVAS SECCIÓNS NUN CERTAME MARCADO POLA EDICIÓN LIMITADA
ARIMA
ARIMA
Xoves 3 | 17 h. | Círculo Recreativo e Cultural do Porriño | Aforo: 120 persoas (con retirada de entrada e preinscrición).
2019 | 77’ | España | Galego | Drama
Dirección e guión: Jaione Camborda Produtora: Esnatu Zinema Produtores executivos: Jaione Camborda, Carlos M. Carbonell e Alfonso Zarauza Fotografía: Alberte Branco Arte: María Lolo Montaxe: Marcos Flórez Son directo: Javier Pato Deseño de son: David Machado e Juan Carlos Blancas Elenco: Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey, Mabel Rivera Sinopse: A vida de catro mulleres e dunha nena vese alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, agochándose no pobo como un ser fuxidío, fantasmagórico. O outro, un home ferido e armado, perturbará de diferente xeito a vida das mulleres. A historia móvese na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo. Premios: Festival de Cine de Sevilla: premio á mellor dirección na sección Nueva Olas / Márgenes: premio á mellor película na sección Escáner / Festival de cine de Gijón: Premio WIP Push Play Proyect.
Coa presenza da directora e da actriz Melania Cruz.
Nove estreas nas seccións Furacans e ExtraCans, as que amosan as narrativas máis arriscadas
- Na sección competitiva Furacáns, a máis arriscada do certame, competirán sete obras, das cales catro terán en Cans a súa estrea absoluta.
- Toda a sección internacional ExtraCans, composta por cinco obras de cineastas de Bélxica, País de Gales, Suíza, Arxentina ou Brasil, serán curtas de estrea en Galicia. Continúe lendo Nove estreas nas seccións Furacans e ExtraCans, as que amosan as narrativas máis arriscadas
BENEDICTA SÁNCHEZ E AMADOR ARIAS PARTICIPAN NOS COLOQUIOS FUNDACIÓN AISGE EN CANS
- Nestes coloquios adicados a analizar o papel de actrices e actores participarán tamén Uxía Blanco, Monti Castiñeiras, Miquel Insua ou Ana Santos.
- Ante as reducións de aforo impostas pola normativa vixente, o Festival retransmitirá nesta edición todos os coloquios en streaming para quen queira seguilos en directo. Continúe lendo BENEDICTA SÁNCHEZ E AMADOR ARIAS PARTICIPAN NOS COLOQUIOS FUNDACIÓN AISGE EN CANS
AMARO FERREIRO SÚMASE AO FESTIVAL DE CANS CUN CONCERTO CHEO DE REFERENCIAS CINÉFILAS
- Só 300 localidades para o concerto e a tradicional Noite das homenaxes ao aire libre, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
- A música da artista viguesa Babykatze chega o xoves 3 de setembro durante a Noite Lasal dos videoclips. Continúe lendo AMARO FERREIRO SÚMASE AO FESTIVAL DE CANS CUN CONCERTO CHEO DE REFERENCIAS CINÉFILAS
O FESTIVAL DE CANS HOMENAXEARÁ A CHANO PIÑEIRO NO 25 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO
- Unha placa adicaralle unha ‘rúa efémera’ en Cans ao director de “Sempre Xonxa”.
- A actriz Uxía Blanco e a víuva do cineasta, Mari Luz Montes, participarán nun coloquio apoiado pola Fundación Aisge. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS HOMENAXEARÁ A CHANO PIÑEIRO NO 25 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO
O FESTIVAL DE CANS LEVA A CAMINHA, EN PORTUGAL, A OBRA DE NOVAS E NOVOS CREADORES DE GALICIA
Cans, O Porriño, 4 de agosto de 2020.-Primeiro pasaron polo Festival de Cans, e obtiveron o recoñecemento do público ou o do xurado. E agora serán exhibidas na cidade portuguesa de Caminha. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS LEVA A CAMINHA, EN PORTUGAL, A OBRA DE NOVAS E NOVOS CREADORES DE GALICIA