IV Concurso de Pintura

EN MARCHA O IV CONCURSO DE PINTURA “PINTAR O CINE”

O Festival de Cans, coa colaboración da empresa GALPI (Galicia de Pinturas), abre o prazo para todas aquelas persoas que queiran participar no seu concurso de pintura “Pintar o Cine”.

Este evento, que terá lugar ó aire libre no entorno da Praza do Concello de O Porriño, o xoves 18 de maio, dentro da programación do festival, consiste en plasmar en directo un proxecto presentado previamente nun boceto explicativo, e que debe ter relación ou inspiración na escena dun filme. Os artistas elixidos poderán desenvolver o seu proxecto nun máximo de cinco horas ó longo da tarde, e ante o público.

As persoas que decidan presentarse deberán inscribirse de xeito gratuito previamente en pinturarapida@festivaldecans.com e mostrar un portfolio como mostra do seu estilo e do manexo da técnica que propoñan. A partir das propostas inscritas, unha comisión escollerá un máximo de dez finalistas, sendo a data límite de inscripción o domingo 7 de maio e tendo que ser as persoas inscritas maiores de 16 anos. “Pintar o cine”, é unha actividade coordinada pola interiorista e responsable atrezzo do festival, Isis Rodríguez.

Un xurado de tres persoas relacionadas co mundo da arte e da creación, elixirá ós gañadores. Haberá dous premios de 400 e 200 euros, así como unha silueta dun can de pedra, obra do artesán da pedra Paco Candán.

Nas últimas edicións, este certame converteuse nun clásico do festival, logrando unha alta calidad na participación e un gran ambiente na rúa. O perfil dos participantes neste concurso procede de diversos perfís de creadores que van desde debuxantes a ilustradores, pasando por deseñadores gráficos ou graffiteros.

>>> BASES DO CONCURSO

IV Concurso de Pintura Pintar o Cine

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *