ALEVOSÍA

festival-de-cans-2024-a-que-andas-alevosia

Dirección e guión: Sara Casasnovas. Alén da súa carreira como actriz, presenta o proxecto co que salta á longametraxe, tras anteriores curtas tamén proxectadas en Cans, sendo noutras ocasións xurado do Festival. Vai de: Un fan namórase do personaxe dunha telenovela e, obsesionado por posuílo, trata de secuestrar á actriz que o interpreta. Traballo que reflexiona sobre o fenómeno fan, os danos colaterais da fama e a industria do espectáculo. Un retrato do acoso a artistas mediáticos, a progresiva perda de liberdade persoal a medida que a audiencia sente ao “personaxe” da súa pertenza e a consecuente invasión do seu espazo íntimo. Fundamentada na voz lexítima dun caso real. Estado: En búsqueda de producción.